Skip to content

Loiros

A banda nace no verán de 2016 en Vigo, Galiza, onde Héctor Agulla (batería) e Virxilio da Silva (guitarra e voz) comezan a traballar xuntos na idea dun novo proxecto. Nas súas primeiras composicións conciliaban rock alternativo e jazz a través dun prisma acústico, co uso das voces sen letra como un instrumento máis.

Coa entrada dos membros que completan a formación, o alemán Felix Barth (baixo e voz) e o francés Wilfried Wilde (guitarra), o son endurécese, aparecen as primeiras letras e as composicións adquiren máis forma de canción, configurando a idea do que na actualidade é Loiros.
As aportacións do imaxinario musical dos catro compoñentes, dan como resultado unha interesante mestura estilística na que están presentes tanto influencias do Shoegaze, o Grunge, o Post Rock e a Psicodelia, como do Jazz Moderno, o Impresionismo Francés ou a rítmica africana. O seu directo, de certo carácter intimista, é intenso e crú, con cancións longas, desenrolos inesperados e momentos para a improvisación que fan de cada concerto unha experiencia diferente.Froito da súa primeira xira,

En marzo de 2018 sae á luz o seu primeiro traballo Arp, un EP completamente autoproducido e autoeditado cunha edición limitada feita a man de 150 exemplares.  En decembro dese mesmo ano, reciben o premio da Deputación de Pontevedra ao Mellor Traballo Musical coa canción Rebirthmark.O seu primeiro LP, gravado e mesturado por Hevi (Malandrómeda) no Laboratorio Soyuz, viu a luz en Outubro de 2019. 

Plataformas:
BANDCAMP: https://loiros.bandcamp.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Loirosband/
YOUTUBE: https://www.youtube.com/channel/UCZubI7UK6Zu8ucoahGxCu5A
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/loirosband

Contacto:
loirosband@gmail.com