Skip to content

IV Festival Mtamovida

Atende porque imos celebrar o noso IV Festival, de novo en Santiago de Compostela!

Unha vez máis, poderemos gozar dunha aparición xeral da Orquestra da Metamovida, banda colectiva e mutante de improvisación conducida con membros de Cró!, BALA, diola, Trilitrate, IGMIG, Es Un Árbol, Nostoc, Zamaramandi e novas asociadas que fan de cada aparición algo único e irrepetible. Entre 12 e 20 pailáns colocados no escenario para entregarse a ti con cada nota, cada xesto, cada golpe.

BALA son gasofa e misto, as dúas fases do pegamento de contacto, pura tralla e moito vicio pola pegada. Se non as coñeces, tes un problema…
Están a presentar Lume, o seu segundo álbum (Matapadre, 2017), nunha xira que o mesmo para en Sevilla ou Madrid que Xapón e Australia ou, por suposto, Compostela.

Os vigueses Trilitrate son o máximo exponente da música acústica feita dende o corazón. Hardcore de cámara? Antifolk? Rock neoclásico? Os hippies da música contemporánea andan pletóricos e estarán por suposto dando o 200% no noso IV Festival.

A Metamovida faise maior pero Nelo é forever young. Pálida é a nosa derradeira carta, a guinda perfecta! A silixosa pantasma da noite entre as sombras da pista de baile 🙂

Os pontevedreses diola estarán a dar o callo traendo o seu metal tropical ata Compostela, onde deixaron o pavillón ben alto despois da súa visita ao WOS Festival en setembro.

Paulo Pascual Castro aka Modulador de Ondas, fundador de Camarada Nimoy, guitarrista e thereminista de pro, tamén estará dándolle ao maquinillo no noso festival, ollo que isto irá nun horario especial! (a partires das 13:30 no Embora)

Venta de entradas anticipada

VENTA DE ENTRADAS ANTICIPADA FINALIZADA. TODAVÍA QUEDAN ENTRADAS DISPONIBLES EN TAQUILLA, ANIMARVOS!