Skip to content

Metamovida: maio 2017

Ei!: diola, Modulador de Ondas, Bala, Trilitrate, Zamaramandi andan soltos esta semana por Vigo, Madrid, Pontevedra, Lugo, Ferrol , Pontecaldelas e Bueu. Viva!

Os diola saen de xira!

Ah!, que están presentando o seu primeiro traballo, diola, si, diola que  xa está nas tendas. Podes mercalo aquí, con gastos de envío gratuito!, qué mais queres? ou escoitalo enteiro aquí!

 



Modulador de Ondas no mercado de Artes de Vigo

No día mais noso, na praza de abastos do barrio do Calvario, en Vigo, en sesión vermú, alí estará o novo proxecto de Paulo Pascual, unha viaxe polas ondas do theremin e loops de guitarra, os cativos flipan! no mercado tamén haberá audiovisuais, pintura en directo, actividades infantis ,
subasta de arte…hai moito arroz para un polo! Fai click na imaxe para mais info.

 

 

Bala volven a Madrid

Chegaron a todo trapo da súa xira nipona e australiana, e viaxan ata Madrid para tocar con Afilador na sala Wurtlizer dentro do Soundisidro 2017.
venta de entradas: https://tickets.wegow.com/entradas/bala-afilador-sound-isidro

Lume ahí!!

 

Trilitrate en Pontecaldelas

Volven ás montañas Pontevedresas para presentar o seu “Frutal Death” no espazo Albergue Jamarte, un novo espazo e Pontecaldelas que abre as súas portas o vindeiro dia 19. Mimá!

 

Zamaramandi no Aturtuxo de Bueu
Calor!  Zamaramandi presentan “Mesopelagic” no mítico bar de Bueu Aturuxo, xunto a Rocket Sound. Moito reggae!

Bota unha orella por aquí:

http://zamaramandi.bandcamp.com/album/mesopelagic